
Meu
Aquí non se di "Bro", dise "Meu". A camiseta para a túa cuadrilla.

As pezas que máis "prestan". Deseños icónicos que mesturan cultura pop e identidade galega.

Aquí non se di "Bro", dise "Meu". A camiseta para a túa cuadrilla.

Pasear pola Mariña con clase. Koruña rules.

A "hora máxica" galega. Minimalismo para os que levan morriña.

Cogomelos picantes? Coidado que quentan. Para os reis do monte.

Porque dicir "Sanjenjo" doe. Reivindica a toponimia con estilo.
Non somos alleos ao que somos nin á nosa terra. Nun mundo global, apostamos pola forza do local. Galitee é deseño atlántico, cultura propia e ese xeito galego de facer as cousas: con retranca, honestidade e calma.

En Galitee a retranca non é só humor, é un xeito de entender o mundo. Deseñamos camisetas con frases que actúan como un xeito secreto entre galegos.
Deseños con retranca que se pegan ao teu mood. Dende o teu portátil ata o teu coche: leva a cultura popular galega sempre contigo cos nosos adhesivos de alta resistencia.
Explorar a ColecciónMáis que unha bolsa, unha declaración de intencións. Deseño minimalista e esencia galega para levar o teu mundo ao ombreiro.

A Cruña, que tamén é Coruña… Tipografía urbana para xente de mar.

Leva o espírito do Vitrasa contigo. Unha homenaxe á mobilidade viguesa.

Onde a terra aprende a pensar. Estilo universitario para a cidade romana.

Aquí as rúas guían e o corazón segue. Leva o plano de Santiago preto de ti.
Dende o minimalismo de "CoolGalicia" ata a ironía da nosa retranca. Organiza o teu estilo segundo o que che pida o corpo hoxe.

A nosa liña máis fresca e minimalista. Vigo, Coruña, Ourense... O estilo atlántico feito tendencia.

Leva a túa cidade con orgullo. Deseños inspirados nas universidades americanas e o "skyline" local.

O humor intelixente que nos define. Camisetas que falan por si mesmas se sabes ler entre liñas.

Dende o bus de liña ata as series da TVG. Unha homenaxe pop ás nosas cousas de sempre.

O mapa da túa vida. Leva as coordenadas da túa vila ou cidade estampadas no peito.

De Castelao a Rosalía. A tradición e a arte galega actualizada con respecto e estilo.

A forza do Atlántico. Inspirado no mar, a chuvia, os bosques e os nosos solpores.

Se non sabes por onde empezar, mira o que máis lle gusta á nosa tribo.
Cando o "inverno is coming", mellor que te pille abrigado. Algodón premium e esa caloriña que só dá a terra.

Para a túa cuadrilla. O suadoiro definitivo para eses amigos que son familia.

Unha homenaxe ao noso clima. Porque sen choiva non habería verde, nin caldo.

Olas, salitre e liberdade. O estilo das Rías Baixas para os que viven mirando ao mar.


Impresión de alta gama en soportes de algodón suave. Acabados profesionais que garanten nitidez e resistencia en cada peza.

Respecto, diversidade e cultura local. Defendemos o comercio de ideas fronte á uniformidade.
Sorteos, novidades e a comunidade máis riquiña de Galicia.
Protéxete do sol coa mellor actitude. Deseños frescos e frases que din moito sen abrir a boca. O complemento perfecto para cabezas ben amobladas.
A Nosa Tribo Galitee
De Fisterra a Nova York. Descobre como a nosa comunidade loce a "retranca" galega por todo o mundo. Etiquétanos para saír aquí.
#GaliteeStyle #RetrancaGalega